Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer Coruña) desenvolve un programa que leva por nome Servizo de Atención no impacto sobre o proxecto de vida a persoas con ERC e familiares que está dirixido, como o nome indica, a persoas afectadas por enfermidade renal crónica (ERC) co fin de mellorarlles a súa calidade de vida.

Financiando pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, este servizo pretende acompañar no impacto que supón a enfermidade renal en ámbitos como o laboral, familiar, social, no lecer ou na parella, ofrecendo intervención social individualizada, fomentando a inserción laboral e os espazos de aprendizaxe en interacción entre iguais.

O servizo de atención, que atendeu a 55 persoas durante este ano, conta cunha traballadora social que se financia cos fondos que da convocatoria de subvencións da X Solidaria na declaración da renda.

 


Segundo datos da Sociedade Española de Nefroloxía, en España 1 de cada 7 persoas ten un funcionamento renal anómalo, cifra similar á do desemprego. Este ano, por motivo do COVID-19, descendeu a taxa de transplantes atendendo a aquelas situacións urxentes. Dende Alcer Coruña agárdase que a nova normalidade inclúa o seguir estando á cabeza a nivel mundial na mellora da calidade de vida das persoas que precisan un órgano doado.


 

 

Fuente: Cogami